Reto 16: 27 de Abril de 2020
PROBA MENTE EN FORMA: "AGRADECEMOS"
¡Bos días amigos e amigas! Estaredes moi contentos xa que xa podedes baixar un anaco á rúa a xogar ao aire libre. Como vedes cada día que pasa é un día menos para que todo volva a normalidade. Pero, mentres tanto, os
propoño unha actividade para realizar hoxe.
Durante toda esta cuarentena houbo
moitas persoas que nos axudaron, e nos siguen axudando a que poidamos volver á
nosa vida normal. Estou falando dos sanitarios, dos dependentes dos
supermercados, dos panadeiros, dos trasnportistas, dos limpiadores...e tamén
estou falando dos papis e mamis que nos fan os días mais divertidos, dos avós
que nos queren ver pronto, dos amigos e amigas que son responsables e tamén se
quedan na casa...
Hai moita xente a quen agradecerlle
todo o que está facendo nesta situación e, por iso, o reto de hoxe consiste en
facer un debuxo, unha manualidade, un video (ou calquera outra cousa que a vosa
imaxinación os diga) de agradecemento. Podedes agradecer a quen queirades, eu
soamente puxen exemplos para axudar.
Cando tengamos todas as respostas
faremos un vídeo no que xuntaremos todo o que nos mandedes e quedará unha
mensaxe preciosa de agradecemento. ¡ANIMÁDEVOS!
PROBA CORPO EN FORMA: "AO RITMO DA MÚSICA"
Esta proba consistirá en realizar un exercicio de coordinación ao ritmo da música. É un reto que se fixo viral a través da aplicación que moitos xa coñeceredes "Tik Tok". Para facelo e enviarnos as respostas non é preciso que a descarguedes xa que aquí abaixo os deixo dous vídeos nos que os mostro como se ten que realizar e a música que nos acompaña. Fixen dous vídeos para que poidades ver o mesmo exercicio desde dúas perspectiva e, desta maneira, sexa máis doado facelo. Lembrade: aínda que non quede perfecto queremos ver os vosos intentos. ¡ÁNIMO!
¡ESPERAMOS OS VOSOS VÍDEOS E FOTOS!
Lembrade que precisamos puntos para superar o coronavirus e, para iso, necesitamos a vosa axuda.
Importante:
1 foto= 1 punto
1 vídeo= 10 puntos
Se estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a
autorización de imaxe na seguinte ligazón: