luns, 13 de abril de 2020

RETO 10

Reto 10: 13 de Abril de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: ADIVIÑA ADIVIÑANZA...


A proba de mente en forma consistirá en resolver as cinco adiviñas que os propoño. Para poñelo un pouco máis fácil para os peques douvos unha pista: todas as solucións son unha letra do abecedario, ¿saberedes adiviñar de cal se trata en cada adiviña? 


1. No medio do mar estou e sen mi non hai bonanza, son a primeira no amor e a final na esperanza. 

2. Son un palito ben dereito e encima da miña cabeza póñenme un sombreirito.

3. Dende o luns ata o venres son a última en chegar, o sábado son a primeira e o domingo a descansar.


4. A letra máis alta son e a máis delgada tamén. A lúa e o sol me levan e o aire nunca me ve.




5. Son a primeira na rama e a última en cantar.
Non te asustes polo ruido que así me podes chamar.

Podes enviar as solucións a través dunha foto onde debuxas cada letra, nun vídeo no que nos dis cales son as respostas ou, simplemente, a través dun texto. 




PROBA CORPO EN FORMA: MANTENDO O EQUILIBRIO

O reto de hoxe da sección "Corpo en forma" consiste na realización de tres probas que nos axudarán a mellorar o noso equilibrio e, ademais, pasaremos un rato moi divertido. 

1ªProba: Poñemos coxíns polo chan dunha habitación facendo con eles un recorrido que teremos que seguir sen que os pes toquen o chan. Podemos ir separándoos cada vez mais. Será unha boa maneira de traballar o equilibrio. Exemplo:




2ªProba: Precisaremos unha corda ou algo que se semelle (eu utilizarei unha manta), apartamos os mobles da habitación que nos poidan molestar e colocamos a corda no chan formando un percorrido. O xogo consiste en camiñar descalzo sobre a corda, paso a paso e sen sairse dela. Cando o consigamos podemos buscar percorridos mas complicados, formando curvas. Exemplo:




3ªProba: Para esta proba precisaremos a axuda dos papis e mamis. Os nenos temos que ter os ollos tapados cun pano ou con outro obxecto similar, dámoslle a mano a mamá ou a papá (ou a calquera outro familiar que quera participar) e deixamos que sexan eles quen nos guíe. Camiñade lento, atentos aos demais sentidos. Logo podedes intercambiar os papeis e que sexan eles os que guíen aos maiores. ¡Será divertido! Exemplo:




¡ESPERAMOS OS VOSOS VÍDEOS E FOTOS!
Lembrade que precisamos puntos para superar o coronavirus e, para iso, necesitamos a vosa axuda. 

Importante:
1 foto= 1 punto
1vídeo= 10 puntos


Se estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a

autorización de imaxe na seguinte ligazón:



Ningún comentario:

Publicar un comentario

RESPOSTA RETO 3

¡Bos días! Esperamos que os retos que os estamos propoñendo os sirvan para estar entretidos durante un anaco de tempo.  Moitas gracias a...