domingo, 12 de abril de 2020

¡VIDEOCHAMADA!

¡VIDEOCHAMADA TODOS XUNTOS!

¡¡ Temos unha sorpresa para todos e todas vós !!
Sabemos que estar lonxe dos vosos compañeiros/as non é tarea fácil, por iso queremos propoñervos unha solución. Consistirá en facer unha videochamada  a través da aplicación ZOOM, na cal estaremos as 3 monitoras responsables deste blog e todos os que queirades participar nela.
Primeiro queremos saber que todos e todas estades ben, e despois… a disfrutar !!. Iremos propoñendo varias videochamadas ao longo deste tempo, según a vosa dispoñibilidade, faremos:
manualidades, exercicios físicos, xogos mentais… e moitas sorpresas máis !
Se queres participar, os pasos a seguir son moi sinxelos:

1. Enviar un e-mail ao noso correo electrónico (fapassanfranciscojavier@gmail.com) para dicirnos que estás interesado en participar na videochamada. Contestaremos a este correo enviándoche un NÚMERO DE ACCESO e unha CONTRASINAL, os cales terás que introducir posteriormente.

2.  Descargar a aplicación ZOOM (dispoñible para móvil e ordenador). Se xa a tedes descargada os recomendamos que a desinstaledes e a volvades a instalar para ter a versión máis actualizada xa que coas anteriores houbo persoas que tiveron problemas. 


3. Pulsar ENTRAR A UNA REUNIÓN e introducir o número de acceso e a contrasinal recibida.

A  VIDEOCHAMADA FARÁSE :
Día: Martes 14 Abril
Hora: 16:00 h
Duración: 30-45 min

¡¡ ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, ESPERÁMOSVOS !!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

RESPOSTA RETO 3

¡Bos días! Esperamos que os retos que os estamos propoñendo os sirvan para estar entretidos durante un anaco de tempo.  Moitas gracias a...