venres, 24 de abril de 2020

RETO 15

Reto 15: 23 de Abril de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "LENTELLAS"

Bos días a todos e a todas! Hoxe traemos un experimento moi sinxelo: "lentellas máxicas" (tamén podes facelo con outros tipos de legumes que teñas na casa).
O experimento consiste  xerminar lentellas en algodón para que se convertan nunha bonita planta.
Os materiais precisaremos son:

-Vaso ou recipiente de iogur, por exemplo.
-Algodón.
-Auga.
-Legumes, neste caso lentellas.

O primeiro paso é introducir o algodón no fondo do vaso.

A continuación, botamos un pouquiño de auga e empapamos todo ben.

Por último queda ir colocando as lentellas. Debemos apretalas un pouco contra o algodón e xa teríamos preparado o noso experimento. Agora só temos que esperar uns días para ver como xerminan as nosas lentellas.





PROBA CORPO EN FORMA: "MINIGOLF"

Esta proba consistirá en xogar na casa ao minigolf. Imos precisar: papeis, unha pequena pelota e celo. Colocaremos os papeis de forma que simulen os ocos do minigolf (explicado no vídeo), e todo listo! A ver cantas veces metemola pelota polo oco!




¡ESPERAMOS OS VOSOS VÍDEOS E FOTOS!
Lembrade que precisamos puntos para superar o coronavirus e, para iso, necesitamos a vosa axuda. 

Importante:
1 foto= 1 punto
1 vídeo= 10 puntos


Se estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a

autorización de imaxe na seguinte ligazón:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

RESPOSTA RETO 3

¡Bos días! Esperamos que os retos que os estamos propoñendo os sirvan para estar entretidos durante un anaco de tempo.  Moitas gracias a...