CLASIFICACIÓN

CLASIFICACIÓN FINAL:


O XOGO "XAQUE AO VIRUS" CHEGA  AO SEU FINAL ACADANDO CASE 40.000 ANTIVIRUS OBTIDOS POLOS 27 CENTROS PARTICIPANTES TRAS 10 SEMANAS DE XOGO.


UN TOTAL DE 5.521 RESPOSTAS AOS RETOS PROPOSTOS (MÁIS DE 500 POR SEMANA),  XUNTO COAS MÁIS DE 700 PARTICIPANTES EN SESIÓNS ON-LINE, FIXERON POSIBLE ACADAR 39.286 PUNTOS.

O REPARTO DESTES PUNTOS FOI O SEGUINTE:


SÓ NOS QUEDA AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE TODAS AS FAMILIAS E A COLABORACIÓN DESINTERESADA DE MÚSICOS, ACTRICES, ESCRITORES E DEMÁIS PERSONALIDADES DO MUNDO DA CULTURA QUE ANIMASTES A PARTICIPAR AOS NENOS E NENAS DOS DIFERENTES COLEXIOS DA CIDADE.

GRAZAS E MOITO ÁNIMO!!!


NOVENA SEMANA:

Comeza a derradeira semana de Xaque ao Virus con case 40.000 antivirus acadados entre todos os colexios. Agradcemos outra vez máis, a vosa participación. Xuntos somos máis fortes. 





OCTAVA SEMANA:


Levamos oito semanas de xogo e case 35.000 puntos acadados entre os 27 centros participantes. ¿Seremos capaces de chegar esta semana aos 40.000 puntos?

NON É DOADO, PERO XUNTOS SEGURO QUE PODEMOS.

ÁNIMO!!!




SÉPTIMA SEMANA: 


Iniciamos a semana coa barreira dos 30.000 puntos superada neste xogo no que todos os colexios aportan o seu grao de area. ¿Seremos capaces de chegar aos 50.000 puntos ao final do xogo? Non é unha tarea doada, pero entre todos coido que o conseguiremos. 


MOITO ÁNIMO.

Aquí os deixo a táboa da clasificación desta séptima semana. ¡Seguide así!





SEXTA SEMANA: 

Tras un pequeno descenso a semana pasada, parece que esta semana de paseos vos animou a seguir participando e, entre todos, sumar más puntos.
Seguide así...pronto haberá más formas de gañar puntos para o noso colexio. 


Estade moi atentos aos novos retos de esta semana, seguro que os divertirán moito. ¡Ánimo!


QUINTA SEMANA:

Xa rematamos a quinta semana de confinamiento e os puntos siguen subindo. Encántanos que participedes a través do blog e, agora, tamén a través das videochamadas. Lembrade que xuntos consegueremos superar esto. Aquí os deixo a clasificación da quinta semana, compañeiros e compñaeiras do San Francisco, imos ben, seguide así. 



CUARTA SEMANA:

Completamos o primeiro mes do blog e os puntos siguen subindo, estamos preto de chegar aos 20.000. Continuade participando e lembrade animar á familia, aos amigos, aos veciños... ¡Cantos máis sexamos, mellor o pasaremos! 

A continuación deixo a clasificación da cuarta semana. 




TERCEIRA SEMANA:

Xa levamos tres semanas na loita contra o coronavirus e os puntos non deixan de subir. Estamos desexando que veades os novos retos que temos preparados para vós. Seguide participando, animade aos amigos, ás familias... e así conseguiremos máis puntos para gañar ao virus.
ÁNIMO, vémonos polo blog.

A continuación deixo a clasificación da terceira semana.



SEGUNDA SEMANA:

Xa xuntamos dúas semanas do proxecto "Xaque ao Virus". Nesta semana seguiron publicándose novos retos e novas propostas nas que os invitamos a pasar un rato entretido con toda a familia. 
A puntuación xeral está chegando aos 10.000 puntos que se traducen en outros tantos Antivirus para a "loita virtual contra o Coronavirus". Todo isto é grazas a todos os nenos, nenas e familias que estades a participar. ¡Moitas grazas! Xuntos venceremos o virus. 

A continuación presentamos os puntos obtidos por cada centro participante.




PRIMEIRA SEMANA:

Completamos a primeira semana do proxecto "Xaque ao Virus". Unha primeira semana con 3 retos propostos aos escolares de 30 centros educativos da cidade e que fomentaron a participación das familias na sua consecución.
Despois desta primeira semana recibimos máis de 700 respostas en forma de fotos e vídeos. Esto supón pasar da barreira dos 4000 puntos en só 7 día. Puntos que se traducen en outros tantos Antivirus para a "loita virtual contra o Coronavirus".
A continuación presentamos os puntos obtidos por cada centro participante.





Amigos e amigas do San Francisco, imos moi ben encamiñados! Esperamos seguir contando coa vosa participación que, sen dúbida, é a máis precisa. 

RESPOSTA RETO 3

¡Bos días! Esperamos que os retos que os estamos propoñendo os sirvan para estar entretidos durante un anaco de tempo.  Moitas gracias a...