xoves, 21 de maio de 2020

Recomendación XXVII

Bós días a todos e a todas !!!

Hoxe vos traemos unha idea extraordinaria e moi moi moi familiar.
A CAIXA DOS AGRADECEMENTOS
Para empezar deberemos crear a nosa propia caixa, para elo poderemos elaborala nós mesmos o coller alguna que encontremos pola casa e non usemos.
A continuación a diseñaremos ao noso gusto para diferenciar a nosa caixa dos agradecementos e lle escolleremos un sitio entre todos os membros da familia.
¿Para que vale a Caixa dos agradecementos?
Pois como o seu propio nome di, escriberemos cartas agradecendo todas aquelas cousas boas, por exemplo, agradecer a mamá que nos faga a comida, a papá que nos lave a roupa, a meu irmán que xogue conmigo... todo o que vós queirades. Por suposto, eles tamén xogan !!!
A carta poderá ir destinada a alguén en concreto (polo que podedes poñele o seu nome), ou escribila sin ningún destinatario e poder leela todos xuntos.
Por suposto, contamos con ver algunhas de esas cartas !! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

RESPOSTA RETO 3

¡Bos días! Esperamos que os retos que os estamos propoñendo os sirvan para estar entretidos durante un anaco de tempo.  Moitas gracias a...