martes, 26 de maio de 2020

CAMPAMENTOS DE VERÁN

¡Bos días familias! 

Nesta semana toca irnos despedindo pouco a pouco de vós, xa que o xogo "Xaque ao Virus" está chegando ao seu fin. Pero non queremos que nos olvidedes e, porsuposto, non os imos deixar todo o verán sen diversión. Cerramos unha etapa pero abrimos outra que estamos seguras que os encantará. 



O Concello da Coruña, ante a demanda da cidadanía, reforza con 7.475 prazas en distintos espazos da cidade a súa oferta de campamentos para que as familias concilien mellor. Música, deporte, ciencia...
As persoas interesadas poderán formalizar a preinscrición de forma telemática do 27 ao 29 de maio. Formaranse grupos dun máximo de 15 participantes e terán preferencia as e os nenos empadroados no concello e con pais e nais traballando ou teletraballando, tamén as familias monoparentais.
Benestar Social, o Consorcio para a Promoción da Música, Deportes, Educación, IMCE, Museos Científicos e OMIC ofrecerán actividades motivadoras para que as cativas e cativos e mocidade de 4 a 17 anos pasen as vacacións aprendendo e xogando á vez.

Entre todas estas actividades podemos atopar CAMPACOLE, que se celebra nos colexios públicos. Para máis información neste enlace: CAMPAMENTOS DE VERÁN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

RESPOSTA RETO 3

¡Bos días! Esperamos que os retos que os estamos propoñendo os sirvan para estar entretidos durante un anaco de tempo.  Moitas gracias a...