luns, 25 de maio de 2020

Reto 28

Reto 28: 25 de Maio de 2020

RETO MENTE EN FORMA: "CREAMOS UNHA HISTORIA"


Para o reto de mente en forma de hoxe soamente precisamos a nosa imaxinación e creatividade. Imos deixar voar a nosa mente para crear unha pequena historia. A continuación vouvos deixar seis palabras e, a través delas, anímovos a que creedes un pequeno conto. Pode ser de medo, de risa, de amor... Se preferides tamén podedes crear un poema, un cómic ou unha pequena obra de teatro.  O que máis os guste. Podedes facelo en papel e enviarnos unha foto da historia ou contalo a través dun vídeo, como os sexa máis cómodo. Seguro que saen grandes historias deste reto. ¡ÁNIMO!

As palabras que teñen que aparecer na historia son: 

CAN - FESTA - VACACIÓNS - FAMILIA - RISA - XOGO 


RETO CORPO EN FORMA: "RETO VIRAL- THE WEEKND" 


Seguro que moitos e moitas de vos coñecedes a aplicación Tik Tok. A través dela pódense facer moitos bailes e retos e, durante esta cuarentena, creáronse retos que se fixeron virais a través de todo o mundo. Un deles foi unha pequena e sinxela coreografía cuns segundos da canción "The weeknd". Os animo a que a realicedes, sos ou coa familia ou amigos que se animen. Non precisades descargar a aplicación citada, xa que os deixo aquí abaixo a música que precisades e o reto feito por min, e un segundo vídeo de o reto feito coa compañía da miña irmá. Pasamos un bo momento facendo o reto, por iso os animo a vos. Estou desexando ver os vosos vídeos. 






¡ESPERAMOS OS VOSOS VÍDEOS E FOTOS!
Lembrade que precisamos puntos para superar o coronavirus e, para iso, necesitamos a vosa axuda. 

Importante:
1 foto= 1 punto
1 vídeo= 10 puntos
Tamén podedes comentarnos que os están parecendo os retos. Cada comentario sumará 1 punto para o noso colexio. 


Se estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a

autorización de imaxe na seguinte ligazón:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

RESPOSTA RETO 3

¡Bos días! Esperamos que os retos que os estamos propoñendo os sirvan para estar entretidos durante un anaco de tempo.  Moitas gracias a...