mércores, 27 de maio de 2020

Reto 29

Reto 29: 27 de Maio de 2020


Bós días a todos e a todas !! Hoxe é un día especial, as probas de hoxe serán as últimas... e por iso quixemos facelas un pouco máis emotivas e especiais… ¿Atreveráste?
Aí van!



RETO MENTE EN FORMA: "DESPEDIDA"
Para moitos e moitas de vós este ano será o último no CEIP San Francisco Javier, e por suposto nós non queremos pasar por alto esta situación. Aquí remata unha bonita etapa, pero ábresevos outra cargada de emocións e de experiencias inolvidables.
Por todo isto, retámosvos  a enviar unha mensaxe de noraboa a todos os vosos compañeiros do sexto curso, ou ben, se ti eres un deles, unha mensaxe de agradecemento aos vosos compañeiros, profesores, educadores...
Dende a Federación Provincial de AMPAS queremos transmitirvos a máis nosa noraboa a todas e todos aqueles alumnos do 6º curso. A vosa estampa quedará marcada neste centro para sempre.
¡ Grazas, sorte e noraboa !





RETO CORPO EN FORMA: "LEGADO DE TIBU"
Seguindo o motivo do reto mente en forma, tampouco nos olvidamos de todos os demáis que aínda que non deixades o centro, tamén deixades atrás etapas únicas vividas cos vosos compañeiros e profesores.
Por iso, no reto de hoxe retámosvos a facer o Legado de Tibu, aproveitando o bó tempo que estamos a ter.
Este reto trataráse de dedicar unhas breves palabras de agradecemento aos vosos compañeiros e profesores e unha vez rematado, darnos unha pequena pasada por auga. Tirandonos un cazo de auga por enrriba, un chapuzón na praia ou na piscina, un mangueirazo… todo vale neste Legado.
¿Atréveste?
Por suposto, queremos ver eses vídeos !!!
Unha vez máis, moitas grazas polo voso cariño, a vosa paciencia, a vosa actitude e por deixarnos aprender tanto de vós un ano máis.




Lembrade que precisamos puntos para superar o coronavirus e, para iso, necesitamos a vosa axuda. 

Importante:
1 foto= 1 punto
1 vídeo= 10 puntos
Tamén podedes comentarnos que os están parecendo os retos. Cada comentario sumará 1 punto para o noso colexio. 


Se estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a

autorización de imaxe na seguinte ligazón:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

RESPOSTA RETO 3

¡Bos días! Esperamos que os retos que os estamos propoñendo os sirvan para estar entretidos durante un anaco de tempo.  Moitas gracias a...