venres, 29 de maio de 2020

DESPEDÍMONOS

BOS DÍAS FAMILIAS!

Chegamos ao fin do xogo "XAQUE AO VIRUS", e para rematar, queremos darvos as grazas pola vosa participación e por facer posible que esta iniciativa puidera sair adiante. Decidimos facer un vídeo para todos vós. Sen máis dilación, os deixamos con el. Vémonos pronto familias, GRAZAS. 


                                  

xoves, 28 de maio de 2020

ENTREGA DE DIPLOMAS E MEDALLAS

Bos días familias!

Como xa sabedes esta é a última semana do xogo "Xaque ao Virus". Cerramos unha etapa na que disfrutamos de moitos bos momentos a través dos retos, xogos, videochamadas... E cremos que a mellor maneira de cerrala é cun agasallo para aqueles nenos e nenas que participaron no blogue.

Aquelas persoas que realizaron algún reto, que acudiron as videochamadas ou as clases on-line terán un agasallo esperandoos que consistirá nunha medalla e nun diploma personalizado.

Para recollelos habilitáronse os seguintes días e horas.

LUGAR: Fórum Metropolitano

DÍAS: 1, 2 e 3 de Xuño

HORAS: de 16:00 a 18:00

Como o Fórum Metropolitano aínda non está aberto ao público, na entrada deberán identificarse.

IMPORTANTE: é obligatorio o uso da mascarilla.





mércores, 27 de maio de 2020

Reto 29

Reto 29: 27 de Maio de 2020


Bós días a todos e a todas !! Hoxe é un día especial, as probas de hoxe serán as últimas... e por iso quixemos facelas un pouco máis emotivas e especiais… ¿Atreveráste?
Aí van!



RETO MENTE EN FORMA: "DESPEDIDA"
Para moitos e moitas de vós este ano será o último no CEIP San Francisco Javier, e por suposto nós non queremos pasar por alto esta situación. Aquí remata unha bonita etapa, pero ábresevos outra cargada de emocións e de experiencias inolvidables.
Por todo isto, retámosvos  a enviar unha mensaxe de noraboa a todos os vosos compañeiros do sexto curso, ou ben, se ti eres un deles, unha mensaxe de agradecemento aos vosos compañeiros, profesores, educadores...
Dende a Federación Provincial de AMPAS queremos transmitirvos a máis nosa noraboa a todas e todos aqueles alumnos do 6º curso. A vosa estampa quedará marcada neste centro para sempre.
¡ Grazas, sorte e noraboa !





RETO CORPO EN FORMA: "LEGADO DE TIBU"
Seguindo o motivo do reto mente en forma, tampouco nos olvidamos de todos os demáis que aínda que non deixades o centro, tamén deixades atrás etapas únicas vividas cos vosos compañeiros e profesores.
Por iso, no reto de hoxe retámosvos a facer o Legado de Tibu, aproveitando o bó tempo que estamos a ter.
Este reto trataráse de dedicar unhas breves palabras de agradecemento aos vosos compañeiros e profesores e unha vez rematado, darnos unha pequena pasada por auga. Tirandonos un cazo de auga por enrriba, un chapuzón na praia ou na piscina, un mangueirazo… todo vale neste Legado.
¿Atréveste?
Por suposto, queremos ver eses vídeos !!!
Unha vez máis, moitas grazas polo voso cariño, a vosa paciencia, a vosa actitude e por deixarnos aprender tanto de vós un ano máis.




Lembrade que precisamos puntos para superar o coronavirus e, para iso, necesitamos a vosa axuda. 

Importante:
1 foto= 1 punto
1 vídeo= 10 puntos
Tamén podedes comentarnos que os están parecendo os retos. Cada comentario sumará 1 punto para o noso colexio. 


Se estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a

autorización de imaxe na seguinte ligazón:


martes, 26 de maio de 2020

CAMPAMENTOS DE VERÁN

¡Bos días familias! 

Nesta semana toca irnos despedindo pouco a pouco de vós, xa que o xogo "Xaque ao Virus" está chegando ao seu fin. Pero non queremos que nos olvidedes e, porsuposto, non os imos deixar todo o verán sen diversión. Cerramos unha etapa pero abrimos outra que estamos seguras que os encantará. 



O Concello da Coruña, ante a demanda da cidadanía, reforza con 7.475 prazas en distintos espazos da cidade a súa oferta de campamentos para que as familias concilien mellor. Música, deporte, ciencia...
As persoas interesadas poderán formalizar a preinscrición de forma telemática do 27 ao 29 de maio. Formaranse grupos dun máximo de 15 participantes e terán preferencia as e os nenos empadroados no concello e con pais e nais traballando ou teletraballando, tamén as familias monoparentais.
Benestar Social, o Consorcio para a Promoción da Música, Deportes, Educación, IMCE, Museos Científicos e OMIC ofrecerán actividades motivadoras para que as cativas e cativos e mocidade de 4 a 17 anos pasen as vacacións aprendendo e xogando á vez.

Entre todas estas actividades podemos atopar CAMPACOLE, que se celebra nos colexios públicos. Para máis información neste enlace: CAMPAMENTOS DE VERÁN

luns, 25 de maio de 2020

Reto 28

Reto 28: 25 de Maio de 2020

RETO MENTE EN FORMA: "CREAMOS UNHA HISTORIA"


Para o reto de mente en forma de hoxe soamente precisamos a nosa imaxinación e creatividade. Imos deixar voar a nosa mente para crear unha pequena historia. A continuación vouvos deixar seis palabras e, a través delas, anímovos a que creedes un pequeno conto. Pode ser de medo, de risa, de amor... Se preferides tamén podedes crear un poema, un cómic ou unha pequena obra de teatro.  O que máis os guste. Podedes facelo en papel e enviarnos unha foto da historia ou contalo a través dun vídeo, como os sexa máis cómodo. Seguro que saen grandes historias deste reto. ¡ÁNIMO!

As palabras que teñen que aparecer na historia son: 

CAN - FESTA - VACACIÓNS - FAMILIA - RISA - XOGO 


RETO CORPO EN FORMA: "RETO VIRAL- THE WEEKND" 


Seguro que moitos e moitas de vos coñecedes a aplicación Tik Tok. A través dela pódense facer moitos bailes e retos e, durante esta cuarentena, creáronse retos que se fixeron virais a través de todo o mundo. Un deles foi unha pequena e sinxela coreografía cuns segundos da canción "The weeknd". Os animo a que a realicedes, sos ou coa familia ou amigos que se animen. Non precisades descargar a aplicación citada, xa que os deixo aquí abaixo a música que precisades e o reto feito por min, e un segundo vídeo de o reto feito coa compañía da miña irmá. Pasamos un bo momento facendo o reto, por iso os animo a vos. Estou desexando ver os vosos vídeos. 






¡ESPERAMOS OS VOSOS VÍDEOS E FOTOS!
Lembrade que precisamos puntos para superar o coronavirus e, para iso, necesitamos a vosa axuda. 

Importante:
1 foto= 1 punto
1 vídeo= 10 puntos
Tamén podedes comentarnos que os están parecendo os retos. Cada comentario sumará 1 punto para o noso colexio. 


Se estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a

autorización de imaxe na seguinte ligazón:


CLASIFICACIÓN XERAL: 37.643 PUNTO

COMEZA A DERRADEIRA SEMANA DE XAQUE AO VIRUS CON CASE 40.000 ANTIVIRUS ACADADOS ENTRE TODOS OS COLEXIOS PARTICIPANTES.


UNHA VEZ MÁIS AGRADECER A VOSA PARTICIPACIÓN. 

E APROVEITADE AS SESIÓNS DESDE A CASA DE ESTA SEMANA, POIS TAMÉN SUMAN PUNTOS.

                    ESTA SEMANA SON AS SEGUINTES SESIONS:


domingo, 24 de maio de 2020

Reto Express

Bó Domingo a todos e a todas!!  Para hoxe traémosvos un reto express,

Para superar este reto, debedes comentar o máis rápido que podades cantos triángulos hai nesta imaxe:
Acertijo. ¿Cuántos triángulos hay en la figura? | Acertijos y enigmas




Por cada comentario gañaremos  un punto para o noso cole !!! Contamos coas vosas respostas!

sábado, 23 de maio de 2020

Recomendación XXVIII

Bo día a todos e a todas!!

A recomendación de hoxe é a da visualización da película Zootrópolis, unha película na que podemos ver a convivencia, a tolerancia e a educación entre a diversidade. Judy, unha conexiña policía, deberase unir a Nick, un raposo astuto e cínico para resolver un caso de desaparicións de animais en serie.

El aula de Carla: Película Zootropolis

Tráiler: 



venres, 22 de maio de 2020

Reto 27

Reto 27: 22 de Maio de 2020

RETO MENTE EN FORMA: "ONDE É?"

O reto de mente en forma de hoxe tratará de ubicar as tres imaxes que adxuntaremos a continuación. Para superalo, tendes que dicirnos a cidade na que se sacou a foto. 

PRIMEIRA IMAXE:

 Paris: Die besten Tipps und günstige Angebote | Urlaubsguru

SEGUNDA IMAXE: 

Visitas gratuitas a la Torre de Hércules de A Coruña este sábado ...

TERCEIRA IMAXE: 

Coliseo de Roma

Ánimo!

RETO CORPO EN FORMA: "CARREIRA DE CAMAREIROS" 

O reto de hoxe tratará de realiazr unha carreira de camareiros. Para facelo, debedes coller un libro grande ou unha bandexa e poñer sobre el/ela dous ou tres obxectos brandos como unhas botellas de plástico, un lapiceiro ou un peluche. A continuación iniciarase a carreira, a ver quen chega antes á meta sen que os obxectos caian. Podese aumentar a dificultade sumando obxectos na bandexa. 

Dibujo de el camarero de la cocina pintado por en Dibujos.net el ...


A ver cantos podemos levar, ánimo!!!

¡ESPERAMOS OS VOSOS VÍDEOS E FOTOS!
Lembrade que precisamos puntos para superar o coronavirus e, para iso, necesitamos a vosa axuda. 

Importante:
1 foto= 1 punto
1 vídeo= 10 puntos
Tamén podedes comentarnos que os están parecendo os retos. Cada comentario sumará 1 punto para o noso colexio. 


Se estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a

autorización de imaxe na seguinte ligazón:


xoves, 21 de maio de 2020

XOGO EN CASA: ÚLTIMA SEMANA, ÚLTIMAS CLASES!!

CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE.
MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DESTAS SESIONS.



ESTE É O CALENDARIO DA VINDEIRA SEMANA


RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE: fapassanfranciscojavier@gmail.com 

ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

Recomendación XXVII

Bós días a todos e a todas !!!

Hoxe vos traemos unha idea extraordinaria e moi moi moi familiar.
A CAIXA DOS AGRADECEMENTOS
Para empezar deberemos crear a nosa propia caixa, para elo poderemos elaborala nós mesmos o coller alguna que encontremos pola casa e non usemos.
A continuación a diseñaremos ao noso gusto para diferenciar a nosa caixa dos agradecementos e lle escolleremos un sitio entre todos os membros da familia.
¿Para que vale a Caixa dos agradecementos?
Pois como o seu propio nome di, escriberemos cartas agradecendo todas aquelas cousas boas, por exemplo, agradecer a mamá que nos faga a comida, a papá que nos lave a roupa, a meu irmán que xogue conmigo... todo o que vós queirades. Por suposto, eles tamén xogan !!!
A carta poderá ir destinada a alguén en concreto (polo que podedes poñele o seu nome), ou escribila sin ningún destinatario e poder leela todos xuntos.
Por suposto, contamos con ver algunhas de esas cartas !! 



mércores, 20 de maio de 2020

Reto 26

Reto 26: 20 de Maio de 2020

RETO MENTE EN FORMA: "RAPEANDO"


A continuación deixámosvos un enlace do " Rap da tos e do codo ", ¿seredes capaces de compoñer o voso propio rap? Seguro que si!!

Esperamos esas composicións , ¡¡ moito ánimo !!

Rap da tos e do codo:
https://www.youtube.com/watch?v=beumXOe2O-U






RETO CORPO EN FORMA: "MALABARES"

¿Serás capaz de facer malabares con dúas ou tres bolas? Poderás crealas ti mesmo, con calcetíns, laranxas, papel...

¡ Esperamos os vosos vídeos, e seguro que poderemos crear o noso propio circo personalizado !







Lembrade que precisamos puntos para superar o coronavirus e, para iso, necesitamos a vosa axuda. 

Importante:
1 foto= 1 punto
1 vídeo= 10 puntos
Tamén podedes comentarnos que os están parecendo os retos. Cada comentario sumará 1 punto para o noso colexio. 


Se estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a

autorización de imaxe na seguinte ligazón:


martes, 19 de maio de 2020

Recomendación XXVI

ÁRBORE FAMILIAR
¡BOS DÍAS FAMILIAS!

Hoxe recomendamos unha actividade familiar que vos fará pasar un rato moi entretido e a travñes da cal os máis pequenos coñecerán aos seus antecesores. Seguro que realizando esta actividade lembrades moitos momentos pasados e lles contaredes miles de recordos aos máis novos. 

Consiste en realizar unha árbore familiar, tamén coñecida como árbore xenealóxica. A árbore a podedes debuxar, imprimir, facer con cartulinas... pode ser tan extensa como queirades e os membros da familia podedes debuxalos, poñer o seu nome ou engadindo fotografías deles. ¡Quedará moi bonito! 

Aquí os deixo varios exemplos de árbores familiares para que os sirvan de inspiración pero, como sempre os dicimos, deixade voar a vosa imaxinación e creatividade. 




¡Enviade os vosos árbores en forma de foto ou vídeo!

luns, 18 de maio de 2020

RECORDATORIO

Recordamos que mañá, martes 19 de maio ás 16:00 a unha sesión de maxia con CALOBITO MALMAGO. ¡Non a podedes perder!


Reto 25

Reto 25: 18 de Maio de 2020

RETO MENTE EN FORMA: "XOGOS VISUAIS"
O reto de mente en forma dividirase en dúas probas, unha orientada para os máis maiores que xa sepan ler, e outra para os máis pequenos. As dúas consistirán en descifrar a mensaxe dos textos que os vou deixar. ¿Seredes capaces? Enviadenos as respostas en forma de texto, imaxe ou un vídeo. ¡Estamos desexando velas!

Para primaria: 
Para Intantil: 





¡ÁNIMO!


RETO CORPO EN FORMA: "O BAILE DO CADRADO"


O reto de corpo en forma de hoxe é unha actividade na que o único que precisades é situaros nun cadrado (podedes crealo vosotros cunha manta, cun coxín, nunha alfombra...) e seguir os pasos que nos vai indicando á canción. Podedes facelo coa familia, ¡será moi divertido! Aquí vos deixo o famoso baile do cadrado.




¡ESPERAMOS OS VOSOS VÍDEOS E FOTOS!
Lembrade que precisamos puntos para superar o coronavirus e, para iso, necesitamos a vosa axuda. 

Importante:
1 foto= 1 punto
1 vídeo= 10 puntos
Tamén podedes comentarnos que os están parecendo os retos. Cada comentario sumará 1 punto para o noso colexio. 


Se estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a

autorización de imaxe na seguinte ligazón:


RESPOSTA RETO 3

¡Bos días! Esperamos que os retos que os estamos propoñendo os sirvan para estar entretidos durante un anaco de tempo.  Moitas gracias a...