domingo, 5 de abril de 2020

¡VIDEOCHAMADA!

¡VIDEOCHAMADA TODOS XUNTOS!
 

¡¡ Temos unha sorpresa para todos e todas vós !!
 
Sabemos que estar lonxe dos vosos compañeiros/as non é tarea fácil, por iso queremos propoñervos unha solución. Consistirá en facer unha videochamada  a través da aplicación ZOOM, na cal estaremos as 3 monitoras responsables deste blog e todos os que queirades participar nela.
 
Primeiro queremos saber que todos e todas estades ben, e despois… a disfrutar !!. Iremos propoñendo varias videochamadas ao longo desde tempo, según a vosa dispoñibilidade, faremos:
manualidades, exercicios físicos, xogos mentais… e moitas sorpresas máis !
 
Se queres participar, os pasos a seguir son moi sinxelos:
 
1. Enviar un e-mail ao noso correo electrónico (fapassanfranciscojavier@gmail.com). Recibirás un NÚMERO DE ACCESO e unha CONTRASINAL, os cales terás que introducir posteriormente.
 
 
2.  Descargar a aplicación ZOOM (dispoñible para móvil e ordenador).
 
 
 
3. Pulsar ENTRAR A UNA REUNIÓN e introducir o número de acceso e a contrasinal recibida.
 
 
A PRIMEIRA VIDEOCHAMADA FARÁSE :
 
Día: Martes 7 Abril
Hora: 16:00 h
Duración: 30-45 min
 
 
¡¡ ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, ESPERÁMOSVOS !!
 

sábado, 4 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS (V)

RECOMENDACIÓNS (V)


A recomendaciónde hoxe é cociña divertida. Explicaremos a realización de tortitas para que os nenos e as nenas as cociñedes coa axuda das vosas familias. Podémolas almorzar o u merendar!


Esta receta é para 2 persoas. En primer lugar, precisaremos destos ingredientes: 

  • Un sobre de levadura Royal 
  • 150 g de fariña de trigo
  • Dous ovos
  • 25 g de mantequilla
  • 170 ml de leite enteira
  • 25 g de azucre
  • Unha pizca de sal
  • Gotiñas de esencia de vainilla 

E a continuación, a preparación: 

  • Nunha cunca mesturamos os seguintes ingredientes: a fariña de trigo, a levadura, o azucre e o sal. 
  • Noutra cunca, batemos os ovos e incorporamos a mantequilla derretida e a esencia de vainilla. 
  • Incorporamos os ingredientes sólidos na cunca dos ingredientes líquidos e mesturamos. 
  • Incorporamos pouco a pouco a leite, e a masa está rematada! 
  

A partir deste momento, precisaremos a axuda das nosas familias: 

  • Calentamos unha sartén na cociña. 
  • En canto esté quente, engadimos unha culler da masa.
  • Cociñamos a tortita por 30/40 segundos e dámoslle a volta. De novo esperamos outros 30/40 segundos e retiramos. 
  • É importante regular continuamente a temperatura. 

Cando todas as totrtitas estén rematadas, comeza a parte máis creativa. Podémolas servir acompañadas de mel, froitos secos, froitas ou chocolate. 


Que aproveite!

venres, 3 de abril de 2020

¡A TÚA OPINIÓN CONTA!

¡Boas tardes!
Xa levamos dúas semanas publicando diferentes retos que esperamos que estean gustando moito. Interésanos coñecer a túa opinión sobre as diferentes actividades que se foron subindo, así como das propostas que imos publicando. Para iso, xa está habilitada a opción de comentarios debaixo de cada entrada.

IMPORTANTE: os comentarios teñen que ser respetuosos en todo momento, lembra que este blogestá pensado para os nenos e nenas.

Estamos en contacto e calquera cousa recordade que podedes poñervos en contacto con nós a través da seguinte dirección de correo: fapassanfranciscojavier@gmail.com 

Un gran abrazo para todos e todas.

RETO 6

RETO 6: 03 de Abril de 2020 

PROBA MENTE EN FORMA: A SOPA DE LETRAS

A proba de mente de hoxe trátase de encontrar as 5 palabras agochadas que se atopan nesta sopa de letras. A ver cantas podes atopar! Sorte!!


                                       


 






PROBA CORPO EN FORMA: 

A proba de corpo en forma de hoxe tratarase de disfrutar unha pequena sesión de ioga. Realizarmos unhas poucas figuras con obxectivo de relaxarnos e pasar un bo rato!








Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 1 punto para o teu colexio e 1 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus".




Se estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfk67D-SR6PjBRDOhylnq46nUyWKQn2kAdZBiCT5PLxWzLuPA/viewform

RESPOSTA RETO 5

Aquí vos deixamos a unha das vosas compañeiras superando o reto xunto ós seus animais.

¡¡ AXUDAÁ TI TAMÉN A LOITAR CONTRA ESTE VIRUS !!






xoves, 2 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS (IV)

RECOMENDACIÓNS (IV)
Crecer trátase de toda unha loita para todos vós, pero... imaxina por un momento ser un pequeno león. Nesta película, que vos deixo a continuación, de realidade virtual, encontraraste cara a cara con auténticos leóns.
¿Atréveste?
SE PODES, TRATA DE VELO NUN TELÉFONO MÓVIL E XIRAO CARA ABAIXO, CARA ARRIBA E A AMBOS LADOS, E... ¡ EMPEZA A DISFRUTAR DA EXPERIENCIA EN 360º !


mércores, 1 de abril de 2020

RETO 5

RETO 5: 01 de Abril de 2020



PROBA MENTE EN FORMA: "FABRICANDO O MEU PUZZLE"

A seguinte proba consistirá, como ben di o seu nome, en fabricar o meu propio puzzle. Para iso, teremos que facer un debuxo e colorealo. Unha vez rematado, deberemos recortar o noso debuxo, creando varias pezas que formaran o puzzle. Mesturaremos todas as pezas, e despois… a reformar o debuxo !!
A min levoume bastante tempo... pero con traballo todo acaba saíndo, moito ánimo !!

Aquí deixo un resumo fabriando o meu puzzle:













¡ QUEREMOS VER TAMÉN OS VOSOS PUZZLES !


 




PROBA CORPO EN FORMA: "A GRANXA"

A proba de corpo en forma de hoxe basearase en imitar os sons e os movementos de 5 animais que vós mesmos elixades.

A continuación, deixarei un exemplo dos meus animais:




 


 

Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".




Se estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfk67D-SR6PjBRDOhylnq46nUyWKQn2kAdZBiCT5PLxWzLuPA/viewform

RESPOSTA RETO 3

¡Bos días! Esperamos que os retos que os estamos propoñendo os sirvan para estar entretidos durante un anaco de tempo.  Moitas gracias a...