RECOMENDACIÓNS (V)
A recomendaciónde hoxe é cociña divertida. Explicaremos a realización de tortitas para que os nenos e as nenas as cociñedes coa axuda das vosas familias. Podémolas almorzar o u merendar!
Esta receta é para 2 persoas. En primer lugar, precisaremos destos ingredientes:
- Un sobre de levadura Royal
- 150 g de fariña de trigo
- Dous ovos
- 25 g de mantequilla
- 170 ml de leite enteira
- 25 g de azucre
- Unha pizca de sal
- Gotiñas de esencia de vainilla
E a continuación, a preparación:
- Nunha cunca mesturamos os seguintes ingredientes: a fariña de trigo, a levadura, o azucre e o sal.
- Noutra cunca, batemos os ovos e incorporamos a mantequilla derretida e a esencia de vainilla.
- Incorporamos os ingredientes sólidos na cunca dos ingredientes líquidos e mesturamos.
- Incorporamos pouco a pouco a leite, e a masa está rematada!
A partir deste momento, precisaremos a axuda das nosas familias:
- Calentamos unha sartén na cociña.
- En canto esté quente, engadimos unha culler da masa.
- Cociñamos a tortita por 30/40 segundos e dámoslle a volta. De novo esperamos outros 30/40 segundos e retiramos.
- É importante regular continuamente a temperatura.
Cando todas as totrtitas estén rematadas, comeza a parte máis creativa. Podémolas servir acompañadas de mel, froitos secos, froitas ou chocolate.
Que aproveite!
Ningún comentario:
Publicar un comentario