RETO MENTE EN FORMA: "BAILE DE LETRAS"
No reto de mente en forma de hoxe, dirémosvos unha serie de letras, coas que teredes que formar palabras. O obxectivo do reto é qure formedes todas as palabras posibles coas letras. Para superado, debedes atopar como mínimo 3 palabras.
As letras son:
M U A C E L R B A S P N I T M
MOITO ÁNIMO!
RETO CORPO EN FORMA: "O PAO DA BASOIRA"
Para o reto de corpo en forma e hoxe, precisaremos o pao da basoira. Para superar este reto, debedes realizar dous exercicios co pao. O primeiro tratase de colocala no chan e dar nove saltos de lado a lado sen parar . O segundo, trátase de poñer o pao da basoira apoiado en dous dedos e tratar de aguantar sen que caia o máximo tempo posible. Aquí déixovos un exemplo:
¡ESPERAMOS OS VOSOS VÍDEOS E FOTOS!
Lembrade que precisamos puntos para superar o coronavirus e, para iso, necesitamos a vosa axuda.
Importante:
1 foto= 1 punto
1 vídeo= 10 puntos
Tamén podedes comentarnos que os están parecendo os retos. Cada comentario sumará 1 punto para o noso colexio.
Tamén podedes comentarnos que os están parecendo os retos. Cada comentario sumará 1 punto para o noso colexio.
Se estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a
autorización de imaxe na seguinte ligazón:
autorización de imaxe na seguinte ligazón:
Ningún comentario:
Publicar un comentario