luns, 4 de maio de 2020

RETO 19

Reto 19: 4 de Maio de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "O XOGUETE ATRAPA-PELOTAS"

A primeira proba do reto de hoxe consiste en facer nós mesmos un xogo que nos mantendrá ocupados un gran anaco de tempo. Xa levamos moitos días en casa e os xoguetes que temos igual xa nos aburriron un pouco, así que anímovos a que empreguedes a vosa creatividade e fagamos un xoguete propio. 

Materiais necesarios: 

- Rollos de papel hixiénico.
- Rotuladores de cores.
-Corda ou la.
-Unha pelota pequena na que podades facer un burato para atravesar coa corda ou la. 

Pasos: 
1º- Pintamos o rollo de papel hixiénico da maneira que máis nos guste. Todo dunha cor, facendo debuxos nel, etc. Deixade voar a vosa imaxinación. 
2º- Facemos un burato na pelota que teñamos (lembrade que ten que ser de tamaño pequeno).
3º- Pasamos un trozo da la ou da corta arredor do rollo de papel por dentro, como aparece na imaxe, deixando un anaco colgante. .
4º- Para unir a pelota co rollo de papel, co trozo colgante da la ou da corda atamos a pelota a través do buraco que fixemos anteriormente. 
5º- O resultado nos deixará un rollo de papel hixiénico feito por vós cunha pelota colgante que tedes que intentar encestar dentro do rollo. ¡A XOGAR!

A continuación deixovos un par de imaxes no que poderes ver máis claramente como realizar a manualidade. ¡ÁNIMO! estamos desexando ver as vosos fotos ou vídeos xogando. 




     

PROBA CORPO EN FORMA: "CIRCUITO"

Para superar esta proba, deberedes superar as catro partes do circuito. Déixovos cos videos nos que explico a actividade:

1ªParte: 



2ªParte:



3ª Parte:



4ªParte: 


Circuito completo: 




¡ESPERAMOS OS VOSOS VÍDEOS E FOTOS!
Lembrade que precisamos puntos para superar o coronavirus e, para iso, necesitamos a vosa axuda. 

Importante:
1 foto= 1 punto
1 vídeo= 10 puntos


Se estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a

autorización de imaxe na seguinte ligazón:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

RESPOSTA RETO 3

¡Bos días! Esperamos que os retos que os estamos propoñendo os sirvan para estar entretidos durante un anaco de tempo.  Moitas gracias a...