¡Bos días familias!
Hoxe propoño que fagades algunha actividade
toda a familia xunta. E, ¿que mellor para isto que ver todos xuntos unha
película?
“Inside out” é unha película do ano 2015 que trata sobre as cinco
emocións que conviven no interior dunha nena chamada Riley, alegría, medo,
desagrado, ira tristeza, que compiten
por tomar o control das súas accións cando a pequena se traslada, xunto a súa
familia, a vivir a San Francisco. A adaptación a unha nova cidade, unha nova escola
e uns novos compañeiros non será sencilla para Riley.
É unha película chea de risas e bos momentos que
nos farán pasar unha gran tarde en familia. ¡Nos esquezades as palomitas!
A continuación deixo o tráiler, escribide nos comentarios que os parecu a peli, estamos desexando lelos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario