mércores, 8 de abril de 2020

RETO 8

RETO 8: 08 de Abril de 2020



PROBA MENTE EN FORMA: "OS SONS DA NOSA CIDADE"


No seguinte reto poñeremos a proba o noso oído e a nosa imaxinación.

A continuación presentare un audio con 5 sons diferentes que a diario escoitamos durante a nosa vida cotidiana. Terás que imaxinar de que se trata e facer un debuxo da vosa interpretación.

¡ QUE VOEN ESAS IMAXINACIÓNS !







PROBA CORPO EN FORMA: "TRI TRI TRI TRIPLE"

Para o seguinte reto deberemos afinar todos e todas a nosa puntería.
Colleremos 6-7 peluches, os cales deberemos encestar nun cesto, cubo, caixa… ou algo similar.

Ahora ven a dificultade… ¿Cómo debemos facelo? Acostaremosnos boca arriba no chan a 1-2 metros do cesto, que quedará por detrás da nosa cabeza. Teremos que coller os peluches (un a un) e agarralos coas nosas pernas. Deberemos simular o movemento dunha voltereta atrás e ser capaces de encestar os peluches no cesto.

A continuación deixovos un exemplo:










 
 
 
 
¡ESPERAMOS OS VOSOS VÍDEOS E FOTOS!
 
Lembrade que precisamos puntos para superar o coronavirus e, para iso, necesitamos a vosa axuda. 

Importante:
1 foto= 1 punto
1vídeo= 10 puntos


Se estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a
 
autorización de imaxe na seguinte ligazón:









Ningún comentario:

Publicar un comentario

RESPOSTA RETO 3

¡Bos días! Esperamos que os retos que os estamos propoñendo os sirvan para estar entretidos durante un anaco de tempo.  Moitas gracias a...