luns, 6 de abril de 2020

RETO 7

RETO 7: 06 de Abril de 2020



PROBA MENTE EN FORMA: "TRES EN RAIA"

A seguinte proba consistirá en facer un xogo que estou segura que moitos de vós xa coñecedes: O tres en raia ! Algúns xa o teredes por casa e, se é así, espero que esteades a xogar moito con el xa que é unha maneira moi entretida para pasar o tempo cos papis, mamis, irmáns...
Pero para os que non o tedes e estades desexando poder xogar, os vou a dar unhas instruccións MOI SINXELAS para poder facer este xogo dunha maneira caseira e podades comezar a xogar con el. 
Hai moitas formas de poder facer este xogo, pero os deixo unhas instruccións básicas. Se queredes facelo doutra maneira non dubidedes en sorprendernos, así todos e todas aprenderemos novas formas. 

Materiais: 

- Un folio, cartulina ou trozo de cartón. Sirve calquera de estes materiais, o único que é imprescindible é que teña forma cuadrada o rectangular. 
- Rotuladores, témperas ou lápices de cores. 
- Unha regra.
- As pezas do xogo poderán ser botóns, trozos de plastilina, gomas de borrar, chapas, tapóns de botellas... o que se vos ocurra, deixade voar a vosa imaxinación. Téñense que diferenciar as pezas entre os participantes. 

Pasos: 

- O primeiro que podemos facer é pintar todo o folio ou cartulina dunha cor ou cun estampado para que iso quede de fondo. 
- O segundo paso será pintar as raias  (un tanto grosas para que se poidan apreciar ben) do xogo, empregando a regra e unha cor chamativa. 
- O terceiro será buscar os obxectos que empregaremos como pezas. 
- Por último...¡Comezar a disfrutar do xogo!

Os deixamos unhas fotos de diferentes tres en raia para que vexades como poden quedar. ¡Estamos desexando ver os vosos, animádevos.





O xogo consiste en facer que tres pezas dun mesmo xogador coincidan facendo unha línea vertical, horizontal ou oblicua. Un xogador comeza o xogo poñendo a súa peza en calquera oco, despois será o turno do seguinte e así sucesivamente. O que antes consiga xuntar tres pezas...¡gaña!

PROBA MENTE EN FORMA: "FACEMOS EXERCICIO"
Comezamos nova semana e o noso corpo precisa algo de movemento. Por iso o reto de hoxe consiste en realizar catro actividades nas que moveremos o noso corpo e, ademais, nos divertiremos un montón mentres o facemos.  
Os deixo todo ben explicado no vídeo. ¿Sodes rápidos e deportistas? Estoy segura de que si, ¡demostradeo!




                                           




¡ESPERAMOS OS VOSOS VÍDEOS E FOTOS! Lembrade que precisamos puntos para superar o coronavirus e, para iso, necesitamos a vosa axuda. 

Importante:
1 foto= 1 punto
1vídeo= 10 puntos


Se estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:



Ningún comentario:

Publicar un comentario

RESPOSTA RETO 3

¡Bos días! Esperamos que os retos que os estamos propoñendo os sirvan para estar entretidos durante un anaco de tempo.  Moitas gracias a...