Reto 4: 30 de Marzo de 2020
¡Bos días! Comezamos nova semana e con ela un novo reto. Son dúas probas moi fáciles e divertidas que os faran pasar unha boa tarde de luns. Desexamos ver moitas fotos e vídeos de como realizades as probar. ¡Precisamos moitos antivirus para que o noso colexio sea o gañador! Confiamos en vós.
PROBA MENTE EN FORMA: TRABALLAMOS COAS MANS
Primeira manualidade:
Materiais:
-Unha huevera vacía.
-Algún lapis para marcar o contorno do animal que queiras facer.
-Unhas tesoiras para recortalo.
-Pinturas tipo témperas para colorear ao animal ao teu gusto.
Pasos:
1º: coller unha huevera vacía.
2º: debuxarr na huevera o animal que queiras (no exemplo que aparece a continuación, debuxouse un rato).
3º: recortar o debuxo que fixeches (recordade pedir axuda aos maiores).
4º: colorea o debuxo da maneira que máis che guste.
Materiais:
- Unha pinza de colgar a roupa.
- Témperas o rotuladores.
- Cartulinas ou outro tipo de material similar (goma eva, fiesltro,etc).
- Un pincel se pintamos con témperas.
Pasos:
1º: pintar a pinza da cor (o cores) que queiras.
2º: recortar un trozo de cartulina para facer as ás, a cola e a lingua (tamén podes poñer un trozo de cartulina simulando que é fogo, como na imaxe).
3º: marca cun rotulador os ollos e a nariz.
Lembrade que cando terminedes tedes que ir a lavar as mans.
Estamos desexando ver esas grandes manualidades... ¿Os atrevedes?
PROBA CORPO EN FORMA: MOVEMOS O ESQUELETO
Nesta proba queremos que saquedes os grandes bailaríns que levades pronto. É unha coreografía moi moi sencilla e moi divertida coa cancion "I like to move it" da película de "Madagascar", seguro que moitos a coñecedes.
Para que vexades que as educadoras tamén o pasamos en grande cos retos que os propoñemos, os adxuntamos un vídeo no que a educadora Iria realiza a coreografía. ¿Seredes capaces de seguila? SEGURO QUE SÍ.
Esperamos con ganas as vosas respotas.
Lembrade:
1 foto= 1 punto
1 vídeo= 10 puntos
Se estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
Ningún comentario:
Publicar un comentario