Reto 3: 27 de Marzo de 2020
PROBA MENTE EN FORMA: O TRABALINGUAS
A seguinte proba tratará de dicir un destos trabalinguas, da forma máis axiña posible sen mesturar as palabras. Estamos seguras de que será moi diverido e teredes unhas risas aseguradas. ¡Queremos ver os vosos vídeos!
Collín cordóns,
cordóns collín.
Pola rúa corro,
cordóns collo.
Pola rúa corrín,
cordóns collín.
A pita pasa,
a pipa pinga
Cando a pita pasa,
a pipa pinga.
PROBA CORPO EN FORMA: PATINAXE
Esta proba basearase en facer algunhas figuras de patinaxe artística. Son moi sinxelas e as podedes facer todos os nenos e nenas, xa que non se precisan patines.
Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 1 puntos para o teu colexio e 1 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus".
Se estás interesado/a en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: