xoves, 26 de marzo de 2020

Recomendacións de actividades


Boas tardes!!

Ademais dos retos que subiremos os luns, mércores e venres as doce da mañá queremos compartir con vós moitas máis actividades que poderedes realizar na casa e, así, facer que o tempo pase máis rápido e dunha maneira moito máis entretida. 

A continuación os deixamos un enlace para que vaiades a ver o conto do "Monstro das cores: Coronavirus". 


Xogo: O chan é lava

Outra idea que os damos é un xogo familiar, para mellorar as habilidades psicomotrices dos nenos (e seguro que tamén dos maiores;) Só precisades votar man duns coxíns que teñades na casa. É moi sinxelo, trátase de camiñar arredor do espazo conformado polos coxíns que previamente colocastes no chan e, no momento que alguén diga "o chan é lava", os participantes tedes que situaros encima dun dos coxíns para estar seguros e non ser eliminados do xogo. 
Estamos seguras de que este xogo o coñecen moitos nenos polo que esperamos que as nosas recomendacións os fagan pasar un rato agradable. 

RECORDADE: mañá teredes novo reto as 12 da mañá! Mentres tanto, podedes ir divertíndoos con estas recomendacións. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

RESPOSTA RETO 3

¡Bos días! Esperamos que os retos que os estamos propoñendo os sirvan para estar entretidos durante un anaco de tempo.  Moitas gracias a...